CRTVG

Buscar

Chantada vai ser o destino da obra pictórica do artista e arquitecto Manuel Jorge

Publicado o 26/05/2020 16:30

Chantada vai ser o destino da obra pictórica do artista e arquitecto Manuel Jorge, que morreu o domingo na cidade alacantina de Xàbia.

Unha boa parte deses cadros e debuxos xa estaban depositados na súa vila natal, aínda que a actividade profesional de Manuel Jorge se desenvolveu, sobre todo, ás beiras do Mediterraneo. Alí, e tamén en Chantada, van esparexer as súas cinsas.

Agora, a Asociación de Amigos de Manuel Jorge quere facer un Centro de Arte en Chantada para albergar os milleiros de cadros e debuxos do artista e arquitecto, falecido aos 91 anos.




 

Noticias web

26/05/2020