Chantada retrocede ao nivel medio
Publicado o 26/04/2021 14:34
Chantada retrocede de novo e volve ao nivel medio de restricións, onde os cambios afectan a hostalería.
Toca reorganizar mesas porque se reduce de novo a ocupación.
A repunta nos contaxios fai que a incidencia acumulada supere os 150 casos por cada cen mil habitantes.
No cribado realizado o venres a uns 70 mozos non saíron novos positivos.
"Cribouse todo e as probas foron negativas. Levamos tamén varios días sen incrementos no número de casos co cal a situación está estabilizada e controlada", sinala Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte.
Agora toca agardar a que os seguintes cambios sexan para mellor.