Chano Rodríguez consegue a mínima en Berlín e estará por sexta vez nuns xogos paralímpicos
Publicado o 17/06/2021 13:32
Chano Rodríguez estará por sexta vez nuns xogos paralímpicos. O vigués conseguiu a mínima esta mañá en Berlín nos douscentos metros en que investiu dous minutos cincuenta e catro segundos. Chano está a punto de facer sesenta e cinco anos. Non se xubila e ademais xa pensa en París!