CRTVG

Buscar

Chaman a atención pola ausencia de pasos de peóns na nova Rolda Leste de Pontevedra

Publicado o 21/10/2019 14:41

Era unha obra agardada para os condutores, pero a inauguración da Rolda Leste de Pontevedra ten erros graves para os seus veciños. O principal, non contar con pasos de peóns para baixar andando a Pontevedra ou para ir ao centro de saúde da Parda.

Só contan cun paso de peóns en toda esta rotonda na entrada O Albeiro, pero nada máis. A Rolda, de dous carrís de circulación tanto en sentido ascendente coma descendente, ten unha limitación de trinta quilómetros á hora. O propio Concello detectou xa excesos de velocidade, o que aumenta a súa perigosidade para os peóns.

Estes veciños xa se concentraron na súa inauguración para amosar o seu malestar. A propia Deputación constatou estes erros e anunciou que os arranxará.

Con todo, o tempo segue pasando para estes veciños e veciñas, que piden unha solución urxente para evitar posibles atropelos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019