CRTVG

Buscar

Os pediatras chaman as familias a non abandonar o calendario de vacinas

Publicado o 28/05/2020 11:24

A pandemia de coronavirus interrompeu, nalgúns casos, o seguimento do calendario de vacinas pediátrico, ben pola restrición dos servizos de atención primaria a cuestións estritamente necesarias ou ben porque nais e pais deixaron de acudir á súa cita cos servizos de Atención Primaria.

Os profesionais de pediatría fan unha chamada a retomar ese calendario e a non interromper a administración das vacinas dos nenos.

Juan Manuel Capelo, pediatra no centro de saúde da Valenzá, en Ourense, explica que houbo centros como este onde só se percibiu unha menor afluencia dos nenos maiores, porque no caso dos de ata dous anos aproveitáronse as consultas de control para administrar as vacinas, en citas programadas a primeira hora e con todas as medidas de seguridade.

A reactivación do calendario de vacinas é fundamental, insisten, para poder previr enfermidades.

 

 

Noticias web

28/05/2020