CRTVG

Buscar

Chamada de atención da Comisión Europea a España polas diferentes restricións aos turistas

Publicado o 04/06/2021 21:00

A Comisión Europea chámalle a atención a España polos diferentes criterios ao retirar as restricións para os turistas estranxeiros. Mentres aos británicos non lles esixen PCR, aos viaxeiros procedentes doutros países da UE si.

Coherencia e responsabilidade polo ben dos cidadáns da Unión Europea nestes tempos de pandemia: esta é a importante chamada de atención do portavoz xefe da Comisión Europea a España.

O motivo foi non aplicar as mesmas normas aos viaxeiros internacionais que aos europeos e saltar as recomendacións de Bruxelas pactadas polos 27 socios comunitarios, que esixen unha PCR negativa a todas as persoas de fóra da UE ao entrar nun estado membro. España non llela pide aos turistas británicos pero si aos demais cidadáns comunitarios.

Para a Comisión, España non cumpre coas precaucións necesarias. A resposta do Goberno é que si se está a ser coherente nas restricións porque Reino Unido é un país seguro en termos epidemiolóxicos.
 

Noticias web

04/06/2021