Chaioso, en Maceda, transfórmase nun pobo pantasma na fin de semana
Se queren pasar unha noite de auténtico terror, en Chaioso saben ben cómo facelo. Dende hai case dúas décadas esta pequena aldea de Maceda transfórmase durante unha fin de semana nun auténtico pobo pantasma. Nós estivemos con eles, para saber o que lles agarda os visitantes que se acheguen ata alí a partir das once da noite.
Esta aldea do municipio de Maceda na que residen tan só cinco familias, garda un segredo dos que meten medo.
Arestora están en plenos preparativos. Todo ten que estar listo para recibir os centos de visitantes que se achegan cada ano ata o pobo pantasma de Chaioso.
E disfrutar, o que se dí disfrutar, parace que se disfruta, pero iso sí, con sobresaltos en cada parte do percorrido. Catorce guías ocúpanse de acompañar os visitantes pola aldea.
Todo comezou hai case vinte anos. Agora a xente agarda ata dúas horas de ringleira para poder percorrer o pobo pantasma.
E por certo, mortos vivintes, asasinos, meigas e pantasmas non se retiran ata que todo o mundo marcha. Aquí a diversión está garantida ata ben entrada a madrugada.