Chacho Coudet renova co Celta por tres temporadas
Publicado o 16/06/2021 15:07
Coudet tiña un ano máis de relación co Celta e vai ampliar por tres temporadas. Dúas máis e unha opcional. Coudet chegou en novembro do ano pasado a Balaídos, recuperou o equipo e estivo a punto de clasificalo para as competicións europeas. Ademais, revitalizou varios xogadores, como Brais Mendez, Santi Mina, Denis Suárez ou Hugo Mallo.