CRTVG

Buscar

Cestería contemporánea e elaboración de corozas, unha mostra viva de artesanía

Publicado o 22/08/2021 20:06

Idoia Cuesta e Álvaro Leiro compartiron xornada e soportal amosándolle ao público as súas técnicas de traballar o vimbio e o xunco, respectivamente. Materias primas naturais coas que tecer infinidade de obxectos. Por exemplo, Idoia traballa o vimbio cocido coa técnica do caos para facer unha lámpada.

Ana e Dani están aprendendo moito esta tarde. Con 8 anos, Dani xa ten claro que escolle entre unha cesta ou unha bolsa de plástico. A Ana tamén lle está gustando o vimbio. Incluso cre que a cestaría artesanal podería ser unha boa saída laboral no futuro.

A carón deles está Álvaro facendo corazas, unha peza primitiva e ancestral que se empregaba para tornar a auga da choiva.

Álvaro explica a súa técnica ao público ao tempo que fai traballo antropolóxico e de recuperación, por iso nos pide que digamos que anda buscando quen aínda coñeza a técnica das corozas, ou conserve algunha na casa para poder aprender máis, xa que leva sobre os seus ombreiros o peso de ser practicamente o último artesán que fai estas pezas.

Noticias web

22/08/2021