CRTVG

Buscar

Toño González, un dos poucos cesteiros que quedan en Galicia

Publicado o 17/07/2019 20:44

  

O paso do tempo vai relegando a un segundo plano algúns dos nosos oficios máis tradicionais. É o caso, por exemplo, da cestería. Unha tarefa que durante séculos formou parte da nosa vida cotiá. Achegámonos ata o concello de Lobeira para coñecer un dos poucos cesteiros que quedan en Galicia. 

Entrar no taller de Toño é facelo dando un pasiño atrás no tempo. Non hai oco nestas paredes no que non atopar calquera tipo de peza artesá. A materia prima, eso sí, non varía: vimes, colmos e madeira. Conta que todo o que precisa dao a natureza.

Este cesteiro agora xa xubilado deixou atrás hai décadas os seus estudos de Náutica na Coruña para volver ao rural e apostar por promover, difundir e recuperar parte da nosa historia e das nosas tradicións a través da cestería.

Das súas mans neste tempo saíron milleiros de pezas coma estas.

Este mestre de cesteiros fala da reivindicación dun oficio case esquecido dende a produción industrial e a irrupción do plástico nos anos cincuenta. Un traballo que non cesa no día a día, porque di, el sempre segue aprendendo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019