CRTVG

Buscar

César Portela recibe o premio honorífico do Colexio de Arquitectos de Galicia

Publicado o 25/09/2021 22:18

No pazo de Baión celebrouse esta tarde unha nova edición dos premios do Colexio de Arquitectos de Galicia, que queren premiar o importante labor da arquitectura galega e valorar a calidade das construcións, a sostibilidade e a súa harmonía coa contorna. En definitiva, conceder un recoñecemento aos proxectos que queren adaptarse ás novas necesidades.

A gala contou con 200 persoas convidadas e entregáronse nove galardóns. Un deles recaeu na rehabilitación da praza de Armas de Ferrol. Os deseños premiados tentan achegar parte da historia á poboación. Como, por exemplo, a urbanización da contorna dun peto das ánimas en Gondomar.

Tamén houbo galardóns para vivendas unifamiliares e colectivas, edificios de nova planta, obras de restauración e rehabilitación, interiorismo, arquitecturas efémeras e deseño, proxectos de divulgación e investigación e de final de carreira.

Ademais, César Portela recibiu o premio honorífico á súa traxectoria profesional e vital.

Noticias web

25/09/2021