CRTVG

Buscar

César Portela deseñará a reforma do centro agroforestal de Sergude

Publicado o 16/06/2021 16:17

O arquitecto César Portela deseñará a reforma do Centro de Formación Agroforestal de Sergude, no concello de Boqueixón.

A Xunta acaba de presentar o proxecto que se vai desenvolver nas cen hectáreas de terreo destas instalacións, onde estudan 130 persoas.

Ademais de novas aulas e residencia para o alumnado, haberá zonas para gando autóctono e cultivos de produtos con selos de calidade ou áreas de monte multifuncional.

Noticias web

16/06/2021