CRTVG

Buscar

Cesado o director de Emerxencias de Murcia por ir ao teatro durante a gota fría

Publicado o 18/09/2019 19:04

O ex-director xeral de Emerxencias de Murcia admite que cometeu un "erro de político novato". O Goberno murciano destituíu onte a Pablo Ruíz tras publicarse unha fotografía que o mostraba asistindo a unha obra de teatro o venres pasado, nas peores horas da gota fría que arrasou a rexión.

Tamén a oposición no concello de Cartaxena pide a renuncia da rexedora da cidade. Ana Belén Castejón pasou o sábado nunha despedida de solteiro, mentres a auga devastaba amplas zonas da cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019