CRTVG

Buscar

Cervexa con boletus, un proxecto pioneiro e artesanal feito en Galicia

Publicado o 02/10/2016 21:00

Xorde como froito de colaboración entre dúas empresas galegas, Vacaloura e Resetea

O seu proxecto materializouse hai un ano tomando unhas cervexas e a partir de aí decidiron traballar conxuntamente. O seu produto estrela é unha cervexa artesanal de estilo belga que contén unha variedade de cogomelo; o Boletus edulis.

O seu proxecto de colaboración cumprirá un ano en decembro. Traballan de forma nómada, sen fábrica fixa, pero cun obxectivo común. Utilizar materias primas ecolóxicas e de calidade. Esa é a liña que defenden os responsables desta colaboración entre Vacaloura e Resetea.

De feito, en Porto do Molle, Nigrán, Iñaki traballa na elaboración de equipamentos de autocultivos onde os cogomelos crecen en substratos que non son outra cousa que borras de café recicladas.

Esta nova liña de cervexas silvestres leva xa 3.000 litros fabricados. De momento, só se poden mercar a través de Internet, nas webs destas dúas empresas, e nalgúns establecementos en Vigo e Val Miñor.

Un brinde por unha cervexa única e exclusiva que quere seguir medrando e que non desbota presentar novas propostas de cervexa nun curto prazo con outro tipo de fungos.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2016