Cervexa artesá, música e comida na rúa no Beer-Veiro Fest
Publicado o 01/08/2019 21:32
En Viveiro bota hoxe a andar un festival de cervexa artesá. Ela é a grande protagonista pero tampouco faltará a comida na rúa e a música. O festival de cervexa artesá desembarca por segundo ano en Viveiro. Faino da man da Asociación Galega de Cervexeiros artesáns e aquí están presentes 13 marcas que achegan máis de 70 cervexas diferentes.
Destacan os produtores locais que usan como materias primas produtos da zona e mesmo hai presentacións de cervexas novas.
Concertos, xogos populares e comida na rúa completan o cartel desta festa que se prolongará ata a noite do domingo.