Cero contaxios na área de Ferrol por primeira vez desde hai un ano
Publicado o 17/05/2021 20:10

As cifras da evolución da covid deixan un dato para esperanza. Na área sanitaria de Ferrol non se rexistrou ningún contaxio novo nas últimas horas.
Nas últimas 24 horas realizáronse na área sanitaria de Ferrol preto de 140 probas PCR e ningunha dou positivo. É o primeiro día sen contaxios novos desde hai case un ano, desde xuño de 2020. Hai tamén outro dato positivo, e é que desde o 5 de maio non se rexistrou ningún falecemento pola covid nesta área sanitaria.
Ferrol é a cidade galega coa incidencia da covid máis baixa de toda Galicia. Uns datos para o optimismo, pero que lembran a importancia de seguir mantendo as medidas anticovid para conter o virus.