CRTVG

Buscar

Cerca de medio cento de mortos por un alude no sueste de Birmania

Publicado o 11/08/2019 09:50

Os equipos de salvamento de Birmania traballan arreo para atopar posibles superviventes nos refugallos das casas sepultadas por un alude o venres pasado, un incidente que xa leva contabilizadas case medio cento de vítimas.

Os integrantes destes equipos rastrexan milímetro a milímetro a mestura creada pola terra, as pedras, as árbores e os ferros que formaban as paredes e os teitumes dos fogares.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/08/2019