CRTVG

Buscar

Cerca de 87.000 casos de coronavirus en máis de 60 países

Publicado o 01/03/2020 15:18

As cifras totais de persoas contaxiadas a nivel mundial roldan este domingo as 87.000, pero nos últimos días aumentan tamén as recuperacións dos infectados. Son xa máis de 42.300 as persoas que superaron o virus.
As vítimas mortais, na súa maioría chinesas, ascenden hoxe a 2.979.

Tal e como estaba previsto, o virus continúa expandíndose e chegou xa a máis de 60 países. En Europa, Italia ten confirmados 1.128 casos, con 29 vítimas mortais. Francia chegou este domingo a un cento de infectados, con dous falecidos. No resto de países europeos onde se seguen detectando novos casos non hai mortes provocadas polo virus.
Australia, Tailandia e os Estados Unidos rexistraron esta fin de semana as primeiras vítimas mortais.
 

Noticias web

01/03/2020