CRTVG

Buscar

O Centro Galicia de Bos Aires celebra 40 anos de vida

Publicado o 02/08/2019 16:45

O Centro Galicia de Bos Aires fai 40 anos e para celebralo organiza unha exposición aquí, na súa sede social, na que amosará gran parte do patrimonio cultural que acumulou durante estes anos nos que se converteu nun dos elemento de unión principais da comunidade galega en Arxentina.

O 25 de xullo de 1979 os centros Coruñés, Pontevedrés, Lucense e Ourensán da capital arxentina uníronse para formar o Centro Galicia, que durante este tempo deu acubillo á comunidade galega no país, un proceso que agora ten o seu relato con esta exposición.

"A exposición, por supuesto, é gratuíta, porque temos o deber como galegos de mostrarlle a todo o mundo que queira o que fixemos e quedan dúas semanas para que todo o mundo poida velas" di Cristian Moares, secretario xeral do Centro Galicia.

Entre as principais obras que se expoñen atópanse Os campesiños mallando, de Luís Seoane, ou A derradeira lección do mestre, de Castelao, que se mesturan coa creación doutros artistas. "Tamén temos outras obras doutros artistas, Laxeiro, Colmeiro... todos quen fixeron patria lonxe de Galicia", explica Moares.

Ben sexan galegos ou arxentinos, esta mostra estará aberta para todo aquel que queira coñocer un pouquiño máis da arte galega no estranxeiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/08/2019