CRTVG

Buscar

Centos de veciños protestan contra uns 'okupas' en Santurce

Publicado o 31/10/2019 13:40

Preto dun milleiro de persoas concentráronse fronte ás vivendas ocupadas desde hai varias semanas en Santurce para esixir o desaloxo dos intrusos. Producíronse momentos de tensión entre os veciños e os axentes da Ertzaintza, que despregaron un amplo dispositivo para evitar incidentes.

"A miña convivencia con eles é un calvario. É que medra ao mesmo tempo que medra o número de xente conflitiva no edificio".

"Non son okupas, son ladróns de casas. Iso é o que son. Porque eles metéronse nesa casa e quitáronola". 

"Ensinaron un contrato que é doutra vivenda, da nosa non. Entón, que saian inmediatamente, eu ensínolles as escrituras e que me ensinen eles o que faga falta". 

"Que sexa o que Deus queira, pero sacarme da casa non me van sacar, iso está claro".

Unha ducia de furgonetas da Ertzaintza estableceu un cordón de seguridade para evitar que os manifestantes se achegasen ás casas ocupadas dende hai semanas.

Uns días atrás, en Portugalete houbo unha mobilización semellante que lle permitiu a unha anciá de 94 anos recuperar a casa que lle fora arrebatada de xeito fraudulento. Pola súa banda, os denunciados como okupas aseguran que teñen contratos.

Noticias web

31/10/2019