CRTVG

Buscar

Terceiro día de folga na Xustiza sen unha xuntanza fixada coa Xunta

Publicado o 10/02/2018 10:15

 

Terceiro día de paro indefinido na xustiza e sen avances. Ambas partes falaron hoxe da vontade de diálogo pero sen unha xuntanza á vista. O comité de folga puxo enriba da mesa os problemas que din observar nas táboas salariais, mentres desde a Administración insisten en que a suba salarial que piden é insumible. 

Vontade de diálogo. Diso falaron as dúas partes durante esta xornada, sen que ata o de agora haxa unha xuntanza fixada para levalo a cabo. O comité de folga sinalou os datos das táboas salariais que elabora a Xunta ao incluír comunidades que, segundo din, non deberían aparecer na comparativa. 

A suba que demandan os sindicatos é inasumible para a Administración autonómica, segundo asegurou o vicepresidente da Xunta. Lamenta os prexuízos que o conflito provoca os cidadáns, pero pon en dúbida certos datos.

Moitos profesionais insisten en que seguen acudindo ás citas xudiciais ao descoñecer que procedementos se van suspender e cales non.

Con todo, os avogados insisten en que respectan o dereito á folga dos traballadores e confían que cheguen a un acordo para evitar máis demoras e para os cidadáns que adoitan ser os que máis protestan por estes atrancos no día a dia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2018