Centos de transportistas colapsan a AP-9 contra o peche de Ence
Centos de transportistas e empresas auxiliares de Ence colapsaron esta tarde a autoestrada do Atlántico nunha caravana que busca visibilizar o impacto laboral que tería o peche da fábrica de Lourizán. Calculan que afectaría unhas cinco mil familias, entre postos de traballo directos e indirectos.
Esta é a longa caravana de transportistas que busca defender a continuidade de ENCE na ría de Pontevedra. Centos de camións que non tiñan permiso para circular pola cidade, fixérono finalmente pola autoestrada do Atlántico, provocando numerosos atascos. O obxectivo non é outro que defender os seus empregos.
Outros camións de menor envergadura, si puideron percorrer a cidade con autorización. A fin desta marcha era visibilizar o impacto que podería ten no sector o peche da factoría de Lourizán.
Os transportistas lembraron que están en xogo uns cinco mil postos de traballo, entre directos e indirectos. Hai previstas máis protestas para conseguir máis apoio social en prol da prórroga.