CRTVG

Buscar

Centos de traballadores das ambulancias reclaman en Santiago "un convenio xusto"

Publicado o 20/02/2019 17:35

A Consellería de Sanidade convocou para este venres os empresarios e os sindicatos UXT, CIG e CC OO, que manteñen unha folga intermitente para reivindicar un novo convenio. A patronal denuncia máis de medio cento de rodas picadas de ambulancias e pintadas nas provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense nas últimas horas.

Para a Xunta, este é un conflito entre traballadores e empresas. O conselleiro de Sanidade chama á responsabilidade de empresa e traballadores do servizo de ambulancias. Jesús Vázquez Almuíña avanza que a Xunta vai mediar para que as partes poidan chegar a un acordo canto antes.

Jesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "Chamo á responsabilidade para que poidan chegar a un acordo. Estamos atendendo pacientes que necesitan traslados, e pido iso".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/02/2019