CRTVG

Buscar

Centos de persoas saen da illa da Palma en barco

Publicado o 25/09/2021 20:14

Centos de persoas están saíndo da illa da Palma en barco, a única vía posible tras o peche do aeroporto. As dúas compañías navieiras que unen A Palma con Tenerife, Fred Olsen e Armas, reforzaron o servizo para acoller os turistas e os veciños que traballan fóra.

A saída, polo menos de momento, estase desenvolvendo con toda a normalidade que permite a situación, sen medo pero con présa.

Aínda que pareza un tanto incrible, as navieiras admiten que tamén hai xente que quere viaxar á illa da Palma. Son persoas curiosas e turistas deste tipo de fenómenos naturais, ás que os bombeiros piden non colapsar a zona e deixar traballar o persoal de emerxencias.

Noticias web

25/09/2021