Centos de persoas manifestáronse para esixir a liberación da líder opositora Maria Kolesnikova
Publicado o 09/09/2020 09:57
Centos de persoas manifestáronse polas rúas da capital de Belarús para esixir a liberación da líder opositora Maria Kolesnikova, detida pola garda fronteiriza.
Kolesnikova rachou o seu pasaporte para evitar ser expulsada a Ucraína e despois foi trasladada a un lugar decoñecido. A detida é membro do consello opositor que pide a saída do poder do presidente Lukasehenko.
Dos sete membros iniciais dese consello só dous permanecen en liberdade en Belarús; os outros cinco marcharon ao exilio ou foron detidos polas autoridades.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 09:39