CRTVG

Buscar

Centos de persoas maniféstanse en Soutomaior contra o trasvase do río Verdugo ao Eiras

Publicado o 07/12/2017 09:33

Centos de persoas manifestáronse en Soutomaior contra o trasvasamento do río Verdugo como solución para paliar a seca na área metropolitana de Vigo.

Á protesta convocada polo BNG asistiron membros de diversos colectivos sociais. Tamén das confrarías de pescadores do fondo da ría de Vigo, que alertaron do risco que podería supor este trasvasamento para o medio ambiente e para os bancos marisqueiros. Denuncian a falla dun informe de impacto ambiental, e piden medidas alternativas para facerlle fronte á seca. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017