CRTVG

Buscar

Centos de persoas foron evacuadas a pavillóns polideportivos mentres continúa o pesadelo

Publicado o 19/06/2017 14:28

Os centos de persoas que tiveron que ser evacuadas das súas vivendas seguen conmocionadas mentres tentan descansar nos espazos habilitados polas autoridades. A Cruz Vermella percorreu a zona e trasladou a veciñanza, na súa maior parte poboación envellecida do rural, a pavillóns polideportivos próximos.

Ambulancias da Cruz Vermella percorren o terreo arrasado polas lapas para evacuar os veciños das aldeas que aínda corren perigo e levalos a zona segura. As miradas perdidas, o silencio só roto polas conversas telefónicas cos familiares, a fuxida sen levar enriba apenas a documentación indican o drama que viviron e continúan vivindo centos de residentes nesta zona rural, a maior parte poboación envellecida. 

Neste pavillón polideportivo de Figueiro dos Vinhos tentan acomodarse como poden mentres continúa o pesadelo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2017