CRTVG

Buscar

Centos de persoas condenan o ataque machista de Vimianzo

Publicado o 15/05/2019 21:23

Os veciños de Montse saíron esta tarde á rúa para condenar este novo caso de violencia machista e para amosarlles o seu apoio á rapaza e tamén á súa familia.

A concentración celebrouse ás portas do concello de Vimianzo, onde se despregou unha gran pancarta en negro co lema "Nunca máis violencia machista". Varias ducias de persoas participaron no acto, en que se gardaron cinco minutos de silencio. O alcalde de Vimianzo leu un comunicado de solidaridade con Montse e cos seus achegados, e amosou en nome de toda a vila a repulsa a esta agresión e a calquera actitude machista.

Tamén en Santiago se convocou unha concentración diante da sede de Unións Agrarias, sindicato onde traballa a muller acoitelada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019