CRTVG

Buscar

Centos de persoas claman en Tenerife por Anna e Olivia e contra a banalización da violencia machista

Publicado o 11/06/2021 23:05
EFE

Centos de persoas volveron a tomar as rúas de Santa Cruz de Tenerife e secundaron a mobilización convocada polo Foro contra a Violencia de Xénero en Tenerife e a Plataforma Feminista 8M, polas nenas Anna e Olivia. Unha multitude de persoas e institucións gardaron silencio esta mañá polas dúas menores.

Esta tarde, con todo, as rúas enchéronse de pancartas, proclamas e protestas ante o que non é “un feito illado”, senón unha mostra da violencia máis “terrorífica”, asegura Ana Hernández, portavoz da Plataforma 8 M, en declaracións a Efe. Hernández lembra que negar a violencia de xénero contribúe a crear un clima social favorable aos asasinatos machistas. “Todas esas voces conservadoras son cómplices e se tivesen vergoña deberíanse esconder debaixo das pedras”, dixo.

A portavoz incide en que non é “un tipo que se volveu tolo”, senón que se trata dun acto premeditado de vinganza, dunha forma de castigo á muller “produto dun sistema patriarcal” cimentado “sobre o dominio e o control”. Segundo a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero, Olivia súmase a unha longa lista de menores asasinados polos seus pais ou polas parellas das súas nais no marco da violencia machista, 39 desde 2013. No que vai de ano, ademais, 17 mulleres e dous menores foron asasinados en crimes de xénero.

 

 

Noticias web

11/06/2021