CRTVG

Buscar

Centos de persoas celebran o Día Mundial das Cidades cunha andaina por Vigo

Publicado o 13/11/2019 18:58
Centos de persoas celebran o Día Mundial das Cidades cunha andaina por Vigo

Centos de escolares, veciñanza e colectivos sociais participaron hoxe nunha andaina polo centro da cidade de Vigo e Pontevedra. O motivo, celebrar conxuntamente o Día Mundial das Cidades que conmemora a ONU dende o ano 2013.

Un percorrido circular co acompañamento de varías guías que explican a historia e a evolución da cidade.

Unha andaina que quere potenciar cidades sostibles, seguras e inclusivas pensadas para a persoas de cara ao futuro.

Un día para a reflexión cunha aposta decidida: converter as cidades en espazos máis amables. Máis da metade da poboación vive nas cidades e agárdase que esta cifra aumente ata o 68% para o 2050.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/11/2019