CRTVG

Buscar

Centos de nenos coñecen de preto o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas

Publicado o 14/11/2019 22:26

Coa curiosidade innata dos nenos, uns 300 alumnos de secundaria coñecen estes días de preto o Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas. Fano da man duns talleres formativos da multinacional aeronáutica Boeing, que lles achega as novas tecnoloxías vinculadas aos drons e aos avións non tripulados. Buscan espertar os seus gustos e inquietudes, e é que eles son os profesionais do futuro.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas do Polo Aeroespacial de Galicia que pretende chegar a máis de 1.000 escolares, máis de 100 universitarios e preto de 2.000 persoas interesadas no sector aeroespacial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019