CRTVG

Buscar

Centos de hongkoneses pídenlle ao Reino Unido que apoie a loita democrática

Publicado o 15/09/2019 10:23

Nunha nova xornada de protestas na cidade chinesa, os manifestantes concentráronse diante do consulado británico para pedirlle a Londres que actúe contra A China por non cumprir a súa promesa de "un país, dous sistemas".

Segundo os convocantes, A China viola a declaración asinada en 1997 cos representantes europeos, para manter durante 50 anos as estruturas democráticas da que fora colonia británica. Con pancartas alusivas á necesidade de salvar Hong Kong ou a que a declaración conxunta esmoreceu, os convocados corearon tamén salvas para a raíña Isabel II.

 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019