CRTVG

Buscar

Centos de camioneiros quedan atrapados no Reino Unido polo peche da fronteira con Francia

Publicado o 22/12/2020 15:18

A causa da nova variante do coronavirus, Francia pechou a súa fronteira co Reino Unido. Colapsou o tránsito de mercadorías e deixou centos de camioneiros, moitos españois, atrapados no Reino Unido.

É a segunda noite no interior dos camións para milleiros de transportistas, moitos deles españois, sorprendidos polo peche de fronteiras. Hai ringleiras quilométricas de camións, parados nas beiravías.

O bloqueo fai temer polo desabastecemento no Reino Unido. Nos supermercados vense xa estantes case baleiros. Escasean, sobre todo, produtos frescos e outros básicos. Fóra, ringleiras de xente esperan para poder comprar.

 

Noticias web

22/12/2020