CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Centos de arxentinos saen á rúa para esixir a xuíces e fiscais unha xustiza independente

Publicado o 04/08/2017 14:57
A Arxentina repudiou a complicidade de xuíces e fiscais coa corrupción.
Nunha masiva mobilización, a cidadanía pediulle á Xustiza máis rapidez e menos impunidade á hora de resolver as causas, especialmente as que implican funcionarios públicos.






Baixo a consigna "Sen Xustiza non hai República" centos de arxentinos concentráronse fronte ós Tribunais para esixir a xuices e fiscais unha Xustiza independente, que alixeiren as causas adormecidas, que deixen de encubrir a corruptos e se acabe a impunidade.


"Non estamos pedindo outra cousa máis que unha Xustiza sana, que unha Xustiza que traballe, unha Xustiza rápida e que resolva cos ollos vendados".

A mobilización, apoiada dende o oficialismo, viralizouse a través das redes sociais logo de que, en plena campaña electoral, a maioría da Cámara de Deputados votara en contra da expulsión do Congreso do ex-ministro kirchnerista Julio de Vido, cando suma cinco procesamentos por corrupción e 26 imputacións fronte á Xustiza.


"Todo o que vén pasando no país é consecuencia de que a Xustiza non traballa", dixo unha sistente á concentración.
"Ó haber xuices temerosos de usar a lei e o código penal a impunidade medra cada vez máis", dice outra das manifestantes.

As cifras falan por si mesmas.
Só un de cada 10 dos escándalos de corrupción na Arxentina teñen condena, na maioría dos casos dende o delito ata que comeza o xuizo pasou case unha década e os procesos acumulan demoras de ata 18 anos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí