CRTVG

Buscar

Centos de afeccionados comezaron a tempada de caza menor en Galicia

Publicado o 21/10/2018 15:53

Comeza este domingo a tempada de caza menor en Galicia e centos de afeccionados saen ao monte na procura dalgunha peza. Ata vindeiro 6 de xaneiro poderán cazar cada domingo, xoves e festivos perdices, lebres e coellos.

José Carlos e Noel levan 20 anos saíndo a cazar xuntos e non perden a ilusión por saír ao monte a inaugurar a temporada de caza. Hoxe buscan perdices nos montes do Tecor de Penamaior, no concello ourensán de Piñor.

Lamentan a falta de remuda xeracional entre os cazadores, pero din que o problema é que cada vez máis menos coellos e perdices nos montes galegos. Pouca xente hoxe nestes montes, pero atopamos o garda rural deste Tecor que se encarga de controlar sobre todo, que cumpran cos límites e as normas.

En Galicia hai uns 45.000 cazadores con licenza, que poderán gozar da caza menor ata o vindeiro seis de xaneiro.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2018