CRTVG

Buscar

Cenlle e Castrelo de Miño solicitan a declaración de zona catastrófica

Publicado o 29/08/2017 19:01

Algunhas zonas de Ourense adiantaron xa a recollida da uva para salvar a máis posible dos danos das últimas treboadas

Malia que as novas choivas non axudan, moitas adegas xa andan a vendimar. Como recomenda o Consello Regulador, en zonas moi prexudicadas, como algunhas da provincia de Ourense, adiantaron a recollida da uva para salvar a máis posible dos danos das últimas treboadas. Polas perdas que lles traerán neste colleita municipios de Cenlle e Castrelo de Miño, piden a declaración de zona catastrófica.

O Consello Regulador axiliza os trámites para que os máis prexudicados podan adiantar a vendima, algo co que xa comezaron este martes moitos colleiteiros do Ribeiro, que decidiron non esperar a finais da semana para recoller as uvas, coa intención de salvar así a máis posible dos estragos das últimas fortes sarabiadas.

Antes de que os acios apodrezan ou collan brotite, debotan as uvas inservibles e seleccionan as que se salvaron, traballos apurados para os que moitas adegas, coma esta, en Macende, teñen que dobrar o persoal.

Neste municipio, no de Castrelo de Miño, estiman que ata un 70 por cento da superficie quedou danada. Outro dos máis afectados é o de Cenlle. Os dous concellos, coas primeiras avaliacións técnicas, xa adiantaron que solicitarán se cataloguen coma zona catastróficas, unha declaración para a que os técnicos xa comezaron facer avaliacións de danos. A evitalos, co traballo de todos instou este martes Medio Rural, a adiantarse ás perdas asegurando no agro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/08/2017