CRTVG

Buscar

Cenlle, con pouco máis de mil habitantes, ve como se dispara a incidencia con só tres casos

Publicado o 03/06/2021 16:13

Tres contaxios son suficientes para que Cenlle teña que endurecer restricións esta fin de semana. Precisamente por iso, a noticia non quita o sono aos poucos veciños que atopamos nas rúas deste concello do Ribeiro.

Máis afectados están nos bares e restaurantes. Hai cinco en todo o concello, e a partir do sábado terá que reducir ocupación: 50 % na terraza e o 30 % dentro.

As medidas tamén afectan o balneario de Laias, xusto agora que regresan os visitantes a este concello termal coñecido pola calidade das súas augas e dos seus viños.

Ata hoxe Cenlle resistiu o ataque das diferentes ondas de coronavirus, e agardan que este gromo sexa só unha anécdota antes dun verán tranquilo.

Noticias web

03/06/2021