CRTVG

Buscar

Cen mil persoas con discapacidade xa poden votar

Publicado o 06/12/2018 21:16

Desde este venres, as persoas con discapacidade poderán votar en calquera proceso electoral sempre que poidan mostrar que o fan libre e voluntariamente. É unha modificación legal que publica o Boletín Oficial do Estado para cumprir co disposto na Convención Internacional das Persoas con Discapacidade. Unha vella reclamación deste colectivo.

As persoas con síndrome de Down toman esta vitoria como propia, porque levan anos reclamando que poden facer vida como calquera outra e demóstrano a diario coa súa inserción laboral e a convivencia diaria. É unha característica máis do individuo, non unha limitación. A demostrar iso dedican os seus esforzos as familias con síndrome de down, que ata o domingo manteñen un encontro en Santiago.

O factor esencial destes encontros é compartir experiencias e informarse dos últimos avances na investigación que xa permiten a unha persoa con síndrome de down ter unha esperanza de vida semellante ao de calquera outra.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018