CRTVG

Buscar

'Cen mil motivos de peso', os veciños compiten en Narón para adelgazar

Publicado o 03/04/2019 21:31

Arrinca en Narón a primeira liga do mundo para acadar hábitos de vida saudables. Trátase dunha competición comunitaria en que os veciños rivalizan por equipos para ver quen baixa máis quilos.

Veciños de todas as parroquias do concello de Narón participan na primeira liga saudable do mundo. Participarán por equipos de dez. Por diante teñen nove meses para superar dez retos relacionados coa nutrición e a actividade física. Cada equipo poderá acadar un total 100 puntos. O primeiro reto colectivo será competir polo prato máis colorido.

Tamén terán que afrontar retos individuais para perder peso como, por exemplo, comer cinco pezas de froita e hortalizas para reducir o consumo de azucre, sal e graxas. A liga forma parte da iniciativa 'Cen mil motivos de peso', un proxecto comunitario que está a converter a Narón en referente europeo na loita contra obesidade.

O proxecto leva máis dun ano en marcha. Foron meses de adestramento, pero é agora cando comeza a competición, que está aberta a novas incorporacións.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/04/2019