CRTVG

Buscar

Cen efectivos participan nun simulacro de extinción en Muros

Publicado o 09/05/2019 18:44

Aquí os axentes están marcar o foco do incendio. A primeira hora comezou o operativo e pouco a pouco o lume foise estendendo polo monte.

Un pouco máis arriba no monte unha motobomba queda atrapada polas lapas e outra chega na súa axuda para evitar que toda a brigada sexa vítima do lume.

Tamén se evacúan as casas xa que a fronte foi avanzando ata chegar a zonas habitadas. Mentres no posto avanzado de mando coordínanse todos os medios. De extinción de incendios, Garda Civil, Tráfico, Policía Local e grupos locais de emerxencias.

Santiago Villanueva, director xeral de Emerxencias: "É un simulacro importante porque se están mobilizando arredor de 100 efectivos, independientemente dos figurantes e outra xente que se prepara. Como dicimos sempre, esta é unha parte moi importante das emerxencias. As emerxencias trátase de planificación, pero tamén de adestrarse para que en caso dunha situación real, como desgraciadamente temos vivido na nosa comunidade estemos todos preparados e academos esa coordinación nunha situación de nerviosismo e que afecta a poboación". 

Ovidio Rodeiro, delegado da Xunta na Coruña: "Un simulacro, unha posta a punto, un adestramento é o primeiro que facemos na provincia da Coruña despois de ter unha serie de xuntanzas durante todo o ano de formación".

Tomás Fernández, director xeral de Defensa do Monte: "Un simulacro que nos lembra e fortalece estes protocolos, estas interaccións entre distintas administracións e que son tremendamente necesarios para estar con todo a punto de cara a tempada do verán".

Este é un primeiro simulacro. Farán dous en cada provincia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019