Cen colectivos sociais apoian a mobilización da plataforma Casalonga Limpa de Teo
Publicado o 13/06/2021 18:30
Nas rúas de Santiago manifestáronse os veciños de Teo que se opoñen ao que consideran un vertedoiro encuberto nunha zona residencial. A marcha, que contou co apoio dun cento de colectivos sociais, comezou a primeira hora da mañá nunha pista da canteira e continuou polo Camiño Portugués.
Os camiñantes fixeron parada na alameda, onde se sumaron máis participantes, e seguiron pola zona histórica compostelá para rematar na praza da Quintana coa lectura dun manfiesto. A plataforma Casalonga Limpa agradeceu o apoio de grupos ecoloxistas e políticos.