CRTVG

Buscar

Celta e Lugo disputan este mércores un amigable en Balaídos (TVG, 18:30h)

Publicado o 01/09/2020 21:16

O Celta xoga o seu segundo amigable a dez días de comezar a liga en Éibar. Apenas hai tempo de asimilar o calendario. Despois de Ipurúa, o primeiro partido en Balaídos será contra o Valencia. Logo visita Valladolid e recibe na casa o Barcelona. E na sexta xornada chega o Atlético de Madrid. Òscar García: "É certo que temos rivais da zona alta na casa nas primeiras xornadas, pero o ano pasado sacamos moi bos resultados contra estes equipos".

Juanfran volve a Balaídos aos mandos do Lugo. Os albivermellos xa se mediron á Ponferradina e o Sporting, no Molinón, con vitoria. Conservan a confianza dun final de temporada apoteósico e xogar contra Celta é un aliciente para competir. 

Seoane: "Coller sensacións boas e facer as cousas ben. Hai que competir aínda que sexa en amigables".

O Lugo empeza a liga en Fuenlabrada, despois xoga dous partidos seguidos na casa, contra o exprimeira Leganés e o Almería. Un duelo primeira-segunda é o que se presenta este mércores en Balaídos..O Lugo, que anda fino a balón parado, pode sorprender a un Celta que necesita rodaxe.

 

Noticias web

01/09/2020