Celia Cerviño, a mellor tenista galega do momento, volve competir
Publicado o 07/07/2020 16:25
A nova temporada comeza para a xoia do tenis galego a iso das 8:30 da mañá, enchendo o coche de bolsas para percorrer, torneo a torneo, media España.
Este xoves comeza en Zaragoza. Distancia de Pontevedra, uns 800 km.
Estivo catro anos de formación nos Estados Unidos. Foi elixida mellor tenista galega do 2019. A 144 do mundo na clasificación actual da ITF. E agora asoma no mundo profesional.
Celia Cerviño ten 22 anos e custea viaxes e hoteis para ir, torneo a torneo, buscando un lugar no panorama profesional do tenis.