Funeral conxunto en Burgos pola muller e o seu home que a matou, feriu o fillo e se suicidou
Publicado o 02/08/2019 20:43
En Burgos, xa celebraron o funeral polo matrimonio morto despois de que e o home, de 56 anos, matara a muller, de 55, e ferira de gravidade o fillo, para logo suicidarse. Por decisión das familias, a cerimonia foi conxunta e no mesmo cemiterio.
Foi a filla do matrimonio a que descubriu o sucedido ao regresar á casa familiar, hai un par de días. O fillo, de 30 anos, ferido polo disparo do pai, segue hospitalizado.
Mentres continúa aberta a investigación policial, no municipio sucéndese mostras de condolencia, con actos nos que se lembrou que polo menos 29 nenas e nenos morreron en España dende que hai rexistros, vítimas da violencia de xénero.