CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Celébrase por primeira vez o Día de Concienciación da Sarcoidose

Publicado o 13/04/2015 15:02


Hoxe celébrase por primeira vez o Día de Concienciación da Sarcoidose, unha enfermidade considerada rara que pode afectar a calquera órgano e que pode chegar a incapacitar a quen a padece. Por iniciativa da asociación de afectados vénse de editar unha guía informativa sobre a doenza que se presentou este mediodía en Vigo.



A sarcoidose maniféstase como unha resposta anómala das defensas do organismo que provoca a inflamación do tecido afectado. E pode atacar a calquera órgano do corpo, pero no 90 por cento dos casos son os pulmóns os que sofren o problema. E aínda que pode haber múltiples causas, en determinadas áreas a incidencia é maior.


Neste hospital atenden entre 30 e 60 pacientes anualmente. Un dos principais problemas é diagnosticala de forma precoz, porque os síntomas varían dun doente a outro.



Non hai cura, pero si tratamentos a base de corticoides que poden bloquear a enfermidade. Pero para iso é fundamental diagnosticala. Información ao respecto é o que proporciona a guía electrónica que se acaba de presentar dirixida a pacientes e familiares.

A guía xa está dispoñible na páxina do Servizo Galego de Saúde.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí