CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Celébrase o Día Mundial do Párkinson, que padecen máis de 12.000 galegos

Publicado o 11/04/2018 14:28

Máis de 12.000 persoas en Galicia teñen Párkinson. Hoxe é o día mundial da enfermidade, e a quen lle afecta piden máis: máis investigación, e máis comprensión tamén por parte da sociedade. De feito, o lema desta xornada é: 'O que máis me doe do párkinson é como me miras'.

Tremores, movementos lentos ou certa torpeza son algúns dos síntomas máis visibles do párkinson. Sinais que converten a quen o sofren en obxectivo de moitas miradas que os fan sentir incomprendidos. No Día Mundial do Párkinson quixeron saír á rúa para conseguir achegar outra ollada.

Os afectados tamén reclaman máis investigación para unha enfermidade que afecta máis 250 persoas por cada 100.000 habitantes.

O máis frecuente é que a enfermidade apareza despois dos 60 anos, se ben se detectan tamén casos precoces mesmo por baixo dos 40. Unha boa alimentación e exercicio físico axudan a mellorar a calidade de vida dos afectados.






Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí