Celébrase o día internacional da cervexa
Publicado o 07/08/2020 21:53
Existen lugares en que o día da cervexa é todo o ano, porque hai variedades para non repetir. A celebración que honra esta bebida creada en Alemaña na Idade Media naceu nos Estados Unidos en 2007. Moi lonxe de ser unha moda, o gusto pola cervexa é, para os seus moitos admiradores, unha procura constante de novas experiencias.
España e Eslovaquia son os países do mundo que máis cervexa consomen en relación ao seu número de habitantes, case 4.000 millóns de litros en 2018. Durante o confinamento, o peche da hostalería fixo descender a cifra nun 40%. Segundo o sector, aínda queda moito camiño para recuperar os números anteriores.