CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Celébrase en Santiago un curso sobre intervención educativa en dislexia e DAH

Publicado o 05/04/2014 21:28
Hoxe celebrouse en Santiago un curso sobre como atender a alumnos con dislexia ou con déficit de atención que tivo un grande éxito de convocatoria. A este monográfico asistiron psicólogos, pedagogos, orientadores, logopedas e, sobre todo, estudantes.

"Quizás aquí o que botamos en falta é o profesor que está na aula. Nós, a dificultade témola nas escolas, nas aulas, onde os profesores descoñecen o que pasa."

Desde a asociación galega de dislexia quéixanse de que as escolas non están preparadas para atender adecuadamente os alumnos con dislexia ou con déficit de atención:

"A metodoloxía que estamos empregando é obsoleta, e a formación que temos do profesorado é escasa."

Estes rapaces poden ter moito futuro como estudantes se se traballa ben con eles. As adaptacións que precisan non son moi complexas.

"Resaltar as palabras clave dos enunciados dun problema, por exemplo; proporcionarlles imaxes á hora de resolver un problema..."

Trátase de que os docentes saiban como transmitirlles os coñecementos, tendo en conta as súas dificultades.
Hoxe o aforo estaba cheo, algo que amosa o grande interese que suscita o tema, e a pouca formación específica que existe. En vista da gran demanda, o monográfico repetirase no mes de maio.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí