Celébrase en Santiago o segundo encontro Mo-cidade que ten como obxectivo promover e estimular a creatividade
Publicado o 22/10/2021 20:18

A cidade da cultura de Santigo acolle entre hoxe e mañá a 200 mozas e mozos para participar na segunda edición de Mo-cidade. Este encontro ten como obxectivo promover e estimular a creatividade e o espírito emprendedor da mocidade galega, a través do diálogo e o intercambio de experiencias. Á inauguración asisitiu a conselleira de Política Social, Mariola García. Destacou que a Xunta de Galicia continúa desenvolvendo programas para que a xuventude consiga abrirse camiño e demostrar do que son capaces.