Celebrase en Sabucedo o Curro Solidario no último día da Rapa das Bestas
A última cita desta festa ancestral, o tradicional curro solidario, non fixo baixar a expectación. Ducias de persoas esperaban a súa quenda, e unha vez dentro, as palmas e a música chamaban por unhas bestas que tardaron en chegar.
Iván Sanmartín, membro da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, explica que a recaudación do curro de hoxe irá adicada ao Banco de Alimentos de Pontevedra. e para manter os montes limpos e evitar incendios.
Sobre a area, valor e respecto. Aloitadores e cabalos salvaxes, pel con pel por última vez, captados por 190 medios de todo o mundo nunha edición que aproba con nota. Razóns para vir hai moitas.
Ás seis da tarde será a derradeira despedida, e as 200 bestas que foron rapadas estes días camiñarán de novo cara á liberdade.